Este é un artigo de opinión. Ao que non lle guste ten toda a liberdade do mundo de escribir criticándoo , e o que estea a favor que o apoie. Parece ser que agora as cantantes non poden ser gordas, nen desentonar físicamente. Primeiro está o corpo, e despois a voz... Pero , a quen lle importa a voz? Se total, agora cuns retoques realizados por ordenador todos podemos ser tenores de ópera. Ademais, no apartado musical, non hai diferenciación de xénero, xa que tamén o corpo é o que mais importa... , O é que apañarian a
Bustamante en O.T. se pesase 100 kilos e non tivese esa cariña de neno de anuncio? polo menos que se esmerasen un pouquiño nas letras , non?
Colgado, vivo colgado, colgado e namorado... Asi calquera fai unha canción, sen o máis mínimo esforzo.
Agora a música é imaxe, non son; é un producto, non un ben...
Britney Spears: a alguén gustaríalle a súa música se non tivese ese corpazo? Pero non só ela, poderíamos enumerar un número interminábel de "artistas":
Christina Aguieira,
Malú,
Jennifer López,
Paulina Rubio,
Shakira... e seguramente deixo-me 2000 cantantes mais polo camiño... ,E os homes? Por suposto que hai cantantes-corpo, como son
David Civera, Bustamante,
Bisbal,
Álex (é dicir, todos os triunfiños),
Carlos Baute,
Chayanne... Tamén se poderian dicir 2000 cantantes máis. E tamén grupos de rapaces e de rapazas... Menos mal, polo menos xa non hai
Spice Girls, nen
Backstreet Boys, pero están
N-Sync para suplilos ..
Neste mundo da imaxe, a música está cada vez perecendo máis, e deixándose gobernar. Non teño nada en contra deste elenco de cantantes: si, esas rapazas teñen cuerpazos, e os rapaces son adorados por grande parte do sector feminino, pero... , por que teñen que cantar? Non poderian ser modelos? Ademais, as chicas nas suas letras dan clara sensazón de posesión, é dicir, decláranse obxecto do home: Faime túa, deiche o meu amor, o teu corpo é meu...
Non sei que máis dicir... Todo vai seguir igual, se teñen público e seguidores... Só fixarvos na foto... Aqui está a increibel Paulina Rubio... , Parece unha cantante? Está claramente apresentando o seu novo disco ,non?